NOVEMBRO FOTOGRÁFICO 2017 – PONTEDEUME
PRESENTACIÓN EXPOSICIÓN DE PONTEDEUME.
E chegamos ó noso Colectivo: Olloatlántico. Un maís entre os centos desparramados polo mundo. Somos un grupo heteroxéneo de amantes da fotografía con distintas inquedanzas, con distintos referentes e influenzas, diferentes formas de expresión. E, a pesares disto mantenémonos xuntos ata o presente.

Eso si, temos dous puntos en común: o entusiasmo pola fotografía como medio de expresión e o gusto por xuntarnos a carón dunha barra de bar e deixar de empuñar as cámaras para poñernos a charlar empuñando unhas cañas.
Temos tamén dous puntos de controversia: a opinión de que o que facemos poda ou merezca considerarse como unha expresión artística e as nosas diferentes opinións fronte a posfotografía.
Se o que facemos pódese asimilar coa arte, non somos nós quén para decilo, xa nos xulgaredes vos. E, no que atañe a posfotografía, todos a practicamos con vehemencia na nosa vida cotiá pero, para a maioria dos nosos membros falar dela é como mentar a soga na casa do aforcado. Ninguén é perfecto.
Hai dous años que este Colectivo votou a andar coa intención de aunar esforzos desenrolando un proyecto que amosase o entorno persoal e social no que cotidianamente estamos presentes. Cunha fotografía de carácter fundamentalmente humanista, cada un de nós pretende dar a sua visión persoal, indo uns máis pola instantánea de rúa, outros polo documentalismo, a reportaxe, ou por expresions máis persoais.
Ariadna Silva Fernández é a mais nova representante do colectivo, tanto por idade como por ser a última en unirse. Fotógrafa en construcción, cursou o grado de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e desenrola na actualidade un master en Fotografía Artística e Narrativas Documentais na Universidade Rey Juan Carlos I de Madrid. Traballa a fotografía de rúa e os retratos. É autora do libro “Fillos do Vento” de recente aparición no que narra a súa persoal visión da rapa das bestas en Sabucedo.
Jesús Caballero Varela é un apaixoado da fotografía en blanco e negro, traballando ata agora diversos formatos analóxicos que empeza a compaxinar na actualidade co formato dixital. As súas inquedanzas levanlle tamén a traballar no mundo editorial sendo cofundador, xunto con Aitana Tubío, de Banco Editorial. Ten publicados dous traballos persoais así como o antes mencionado “Fillos do Vento” de Ariadna Silva e outro do compañeiro Jose Padín.
Jose Padín. Formación autodidacta, cultura visual e dotes de observación forman a súa base de traballo. En permanente búsqueda de imaxes evocadoras, como gústalle definirse, foi o aglutinante deste colectivo. Foi él quen, coñecéndonos a uns e a outros, conseguíu xuntarnos para traballar en común. Utiliza a cámara como válvula de escape. Gusta de levala sempre encima e así poder plasmar a forma na que ve o mundo que o rodea. Acaba de editar o libro “Polonia”.
Luis Gonçalves López é fotógrafo profesional dende hai dous anos, tendo a seu estudio afincado en Bertamirans, perto de Santiago. Apaixoado das rúas, no seu traballo fotográfico gusta de capturar retratos espontáneos e de facer das escenas cotiás imaxes dun interés inesperado. Nas súas fotografías captura “momentos decisivos”, como diría Cartier-Bresson, cheos de historias e humanidade.
Matías Rial Castro, é outro apaixoado da fotografía analóxica, enamorado das cámaras Leica e das lendas dos fotógrafos clásicos que as fixeron famosas. Sigue a máxima de alinear o corazón, a cabeza e o ollo para conseguir unas instantáneas cheas de sentimento, a cabalo entre o clasicismo e as vangardas. Traballa indistintamente color e blanco e negro desplazándose por boa parte da xeografía galega e portuguesa na procura de imaxes que documentan as costumes e o carácter da nosa sociedade.
Darío Javier López é un artista visual que demostra como diversas materias, madeira, pedra, ferro poden ser fermosos. O seu estilo centrase en mostrar a decadencia dos vellos interiores fora do común e exteriores de composiciones e texturas que a cotio pasan desapercibidos para os habitantes da cidade. Un ollo adestrado para reparar nos detalles, como pode verse nas súas fotografías.










