Traballo levado a cabo a comezo da década de 1.980 durante unha curta estancia nunha pequena aldea de Salamanca. Día de festa, día de patrón. Misa, procesión, dulzaina e tamboril e bailes espontáneos polas rúas ó redor do santo patrón. Mozos amosando á súa coraxe correndo diante das vaquiñas nunha praza improvisada con tractores e remolques. Noite de esmorga. Día de celebración nun recanto calquera de este pequeno planeta.
Serie feita orixinalmente en Kodachrome 64.







