8 de marzo

TECENDO O TECIDO DA NOSA REALIDADE

Esta serie xurde dunha necesidade persoal de falar con fotografías inventadas de mulleres, as miñas mulleres, nai, mai, fillas, amigas ….
Parte da figura da avóa; nunha aldea de Galicia (1920), a palabra feminismo non existía, ELA,
costureira de profesión formadora de costureiras, conxugaba esta labor coa de nai-esposa, dirixia a economía da casa e a xestión dunha pequena granxa… sémbras, recolleitas, matanzas. Ninguén lle fixo unha homenaxe por ser muller
Fotografía, fios, teas, flores, papéis, xúntanse para crear un universo imaxinario. Unha collaxe a modo de mantra.

As agullas como instrumento; enfían o tecido da nosa liberdade. Pinceladas de
vermello afianzan a cor dos partos, da menstruacion, da dor, da felicidade, da constancia, da
feminidade.


fillas: coa suma de moitas, seremos máis
desenfiar para enfiar
Que ninguén nos diga cómo temos que ser.